Coa chegada do verán a Cidade da Cultura de Galicia, no monte Gaiás, négase a quedar baleira ven de presentar o seu programa de actividades culturais e de lecer co que garda convocar a máis de 50.000 persoas no recinto no período estival. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, foi o encargado de presentar a programación de Verán no Gaiás, unhas 50 actividades que combinan cultura, lecer e natureza. Ciclos xa clásicos como Atardecer no Gaiás con 21 concertos, Cidade Imaxinaria, as Visitas Astronómicas ou Camiño ao Gaiás combinaranse con novas actividades como Unha noite no bosque, na que os máis pequenos poderán gozar da natureza acampando nos espazos verdes do Gaiás.
A programación de Verán no Gaiás arrancará oficialmente o 6 de xullo coa primeira das actuacións do Atardecer no Gaiás, ciclo de concertos ao aire libre que terán lugar os xoves, venres e sábados ata o 26 de agosto. A sétima edición deste ciclo contará cun bo número de bandas galegas: de Malandrómeda, que abrirá o ciclo, a Triángulo de Amor Bizarro, encargado de pechalo, pasando por Familia Caamagno, Terbutalina ou Boyanka Kostova. O cartel ata as 21 actuacións previstas completarase con outros artistas punteiros do panorama nacional e internacional como C. Tangana, un dos grandes nomes do rap actual; o pop en catalán de Manel; a gañadora de dous Grammys latinos, Carla Morrison; o tecno pop de Hidrogenesse ou o trovador brasileiro Gustavo Almeida. Na noite dos sábados, terán lugar as tan demandadas Visitas Astronómicas da man do Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Os imprescindibles do verán complétanse con Cidade Imaxinaria, o festival pensado para toda a familia que neste 2017 terá lugar o 19 de agosto. Na praza central terán lugar dúas citas musicais : o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís e de Galicia, que reunirá o 9 de xullo preto de 500 músicos de toda Galicia; e a Final da Liga Galega de Bandas de Gaitas, o 29 de xullo. A arte contemporánea tamén terá o seu oco neste Verán no Gaiás, coa celebración do 27 ao 31 de agosto dunha nova edición do Encontro de Artistas Novos. Un total de 40 creadores emerxentes presentarán as súas propostas en diálogo constante con artistas consolidados como Xosé Artiaga, María Cañas e Berta Álvarez Cáccamo. Neste marco, as Torres Hejduk acollerán unha nova intervención artística: A través dun horizonte sen corpo de Fredy Solano.