Pandemias de papel

A Deputación de Pontevedra amosa os seus fondos documentais sobre a xestión das epidemias

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Nenos ingresados no Hospital Provincial de Pontevedra¨(1955-1956). Foto: Arquivo da Deputación de Pontevedra

Nenos ingresados no Hospital Provincial de Pontevedra¨(1955-1956). Foto: Arquivo da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar a exposición virtual "Pandemias no século XIX", na que expón documentación de todo tipo preservada no Arquivo da institución desde mesmo antes da súa constitución como organismo en 1836. A exposición permite coñecer o precario investimento público na xestión de epidemias, de aquela bastante frecuentes debido ás malas condicións sanitarias. Sanatorios, institutos de saúde, medidas de contención das pandemias, folletos con información hixiénica ou informes médicos. En particular, a exposición detense na epidemia de 1833-1834, co cólera procedente de Asia Central cunha tripulación de soldados belgas, e a epidemia de febre tifoidea de 1853-1855, derivada dos ciclos de fame e malas colleitas.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Documentais, Asia

Claves

Conceptos
Lugares