A exposición Galaicos. Un pobo entre dous mundos chega a Pontevedra

Poderase visitar no Museo de Pontevedra ata febreiro de 2010

1/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

Tras ser exhibida no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid e no Museo de Prehistoria de Valencia, a exposición 'Galaicos. Un pobo entre dous mundos', promovida pola Deputación de Pontevedra, recalará no Museo de Pontevedra, que é a súa parada final. A exposición, que se inaugurará o día 4 de outubro e se clausurará o 2 de febreiro de 2020, explica e amosa a Idade do Ferro do noroeste peninsular e as influencias e contactos con outros territorios, especialmente o Mediterráneo. A Deputación de Pontevedra adiantou que a exposición foi visitada, nas dúas sedes anteriores, por 32.000 persoas. A exposición está comisariada por Antoni Nicolau e Rafael M. Rodríguez.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Prehistoria...