A escritora viguesa Ledicia Costas será a encargada de poñer a parte literaria ao concerto co que o Ensemble Vigo 430 fará este xoves unha homenaxe a Xela Arias, autora á que este ano se lle adica o DÃa das Letras Galegas. A escritora lerá poemas de Arias, facendo un percorrido pola súa obra, intercalados coas interpretacións musicais de pezas de Edvard Grieg e Robert Schumann por parte do Ensemble Vigo 430, que estará formado nesta ocasión por Severino Ortiz (piano), Mario Peris (violÃn), Javier Escobar (viola) e Ariadna Chmelik (violoncelo) e contará coa participación da violinista Ioana Cristina Goicea, concertista internacional, profesora de violÃn da prestixiosa Universidade de Música e Artes Escénicas de Viena. O acto será presentado pola xornalista viguesa Guada Guerra e a asistencia , no Auditorio do concello de Vigo, será de balde previa solicitude de convites a través do correo reservas@vigo430.com, indicando o número de asistentes e os seus datos de contacto -nome, apelidos, DNI-.