Allariz celebra dez anos de escavacións en Armea

Exposicións e roteiros na programación do aniversario

28/6/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Inauguración da exposición. Foto: Concello de Allariz

O concello de Allariz iniciou este venres, coa inaguración dunha mostra de artistas e artesáns locais, a programación do décimo aniversario do inicio das intervencións arqueolóxicas no xacemento galaicorromano de Armea. A mostra, titulada "Armea, a visión dos artistas locais", presenta vinte olladas artísticas sobre este enclave histórico alaricano. A programación tamén contará cunha exposición urbana con lonas polas rúas dando conta dos achados do proxecto, que supón segundo os investigadores, a "maior trama urbana da Galicia romana despois de Lugo", e cun roteiro polo contorno da parroquia de Santa Mariña de Augas Santas cos seus principais elementos arqueolóxicos e culturais. As escavacións en Armea retomaranse a principios de xullo.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Allariz, Exposicións, Concello de Allariz, Lugo...

Claves

Conceptos