Trátase dunha vía que dividía un poboado de grandes dimensións que está a ser escavado

Achada unha calzada galaico-romana de 35 metros en Allariz

7/8/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha rúa galaico-romana dos séculos III e IV con 35 metros de longo e case tres de ancho é o máis recente achado na segunda campaña de escavación na Atalaia do Castro de Armea , na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas. Trátase segundo declaración do arqueólogo David Pérez ao xornal La Región, dunha rúa de trazado recto e ben pavimentado que divide as casas do poboado cunha cantería “exquisita”. Nunha campaña anterior en 2011 da que deu conta Cultura galega.org atopáronse os primeiros muros e vestixios desta vila galaico-romana, que segundo os arqueólogos pode ter unha extensión de 4,8 hectáreas. O Alcalde de Allariz manifestou ao xornal a súa intención de manter o apoio aos traballos en Armea como unha das súas prioridades para facelo atractivo aos visitantes e poder explotar turísticamente este ben patrimonial. En setembro procederase a labores de restauración e consolidación dos muros para que aguanten o inverno.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Allariz, Muros, Atalaia, La Región...

Claves

Entidades