A finais dos 40, un intelectual ourensano chamado Francisco Conde-ValvÃs interesouse no denso conxunto arqueolóxico vinculado ao culto de Santa Mariña de Augas Santas, en Allariz (Ourense). Tanto no interesante forno castrexo reconvertido en basÃlica medieval inacabada coma no castro de Armeá, coma no castro, Conde-ValvÃs localizou numerosos achados arqueolóxicos que amosaron a relevancia deste lugar. Agora, co finaciamento do Concello de Allariz, os arqueólogos David Pérez e Celso Barba están a redescubrir o traballo de Conde-ValvÃs e a abrir novas áreas para comprender o sitio arqueolóxico de cara a elaboración dun Plan Director de Santa Mariña de Augas Santas. E xa hai achados ben curiosos. Entre eles, o gravado dun guerreiro castrexo.
Para Francisco GarcÃa, alcalde de Allariz, a elaboración dun Plan Director de Santa Mariña de Augas Santas é unha peza clave para o desenvolvemento desta parroquia rural e cunha poboación moi envellecida, e ese Plan Director basearase na posta en valor do inxente patrimonio cultural da parroquia, tanto material como inmaterial. Xa que logo, as intervencións no castro de Armeá, un dos escenarios da tradición de Santa Mariña e lugar de localización de importantes achados arqueolóxicos no tempo de Conde-ValvÃs, é básico na redacción do plan.
David Pérez e Celso Barba están a traballar en Armeá para determinar a estensión do sitio arqueolóxico, cuberto por unha densa vexetación autóctona. Para os arqueólogos, a cidade de Armeá ocupa unhas 4'8 hectáreas e tivo unha secuencia de ocupación dilatada no tempo. Os técnicos están a traballar en dúas áreas diferentes do castro: na croa, na zona superior, localizaron materiais de época claramente castrexa, adscribibles ao século II a.C. Pero nunha terraza inferior, na que traballou a finais dos 40 Conde-ValvÃs e coñecida como a Atalaia, os arqueólogos localizaron toda unha área aÃnda sen explorar e nun bo estado de conservación, con muros que acadan aÃnda o metro de altura e derrubes que preservan o solo orixinal do xacemento.
Polos materiais atopados alÃ, a cronoloxÃa é xa de época romana, entre o século I e II d.C., e parece coincidir, a grandes trazos, coa época de abandono do gran conxunto rupestre, con posibles usos como santuario ou espazo cultual, que está ubicado nas proximidades do castro e que está a escavar tamén nestes momentos o Laboratorio de ArqueoloxÃa da Universidade de Vigo baixo a dirección de Adolfo Fernández.
O guerreiro da raedeira
Entre os materiais localizados por Pérez e Barba nesta área inédita da terraza da Atalaia, están dous obxectos moi curiosos: un fragmento dunha punta de lanza de seixo e algo máis intrigante: ao carón dunha calzada, aparece un anaco de cuarcita empregado como raedeira, é dicir, para esfolar animais. O estraño é que nesta raedeira está petrografado, cun buril moi fino, algo fascinante: un guerreiro. "Trátase dunha figura antropomorfa", sinala David Pérez, "co pelo peinado a xeito de cresta e cunha espada nunha man. Na outra hai un obxecto non identificable por agora e ao carón hai un estandarte, que pode ser unha ponla dunha árbore ou outra cousa". Para Pérez, trátase dunha figura parecida ás figuras que aparecen na diadema de Ribadeo, especialmente por ese pelo en cresta tan caracterÃstico. AÃnda que a valiosa peza está en fase de investigación, para o arqueólogo "cando menos é castrexa ou castrexa romanizada". A peza aÃnda está en fase de estudo e non dispoñemos imaxe dela.
No castro de Armeá xa apareceron dúas estatuas de guerreiros castrexos.
O equipo arqueolóxico traballará en Armeá ata o vindeiro venres e logo consolidarán as áreas atopadas entre finais de agosto e setembro.