Agadic reforza Cultura no Camiño cun novo aumento orzamentario

A convocatoria sae hoxe publicada no DOG e conta cun millón de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe as novas bases das subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos con motivo do Xacobeo 21-22, dentro do programa Cultura no Camiño. A nova convocatoria da Axencia Galega de Industrias Culturais da Consellería de Cultura aparece reforzada respecto á anterior edición, que á súa vez xa triplicaba o anterior, o que supón multiplicar por catro a partida que se dedica a este programa en apenas dous anos chegando ao millón de euros neste ano.

As bases aumentan tamén os custes mínimos dos espectáculos a contratar ao seu abeiro, que deberán ter un orzamento superior a 7.500 euros nos concellos de menos de 20.000 habitantes (5.000 en 2020) e de 10.000 euros nos concellos de máis de 20.000 habitantes (8.000 en 2020). Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional nos concellos de Galicia, sendo subvencionable unha porcentaxe das contratacións que integrarán as programacións e que serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 15 de xullo ao 30 de setembro de 2021. As programacións incluídas nesta convocatoria deberán incluír como mínimo tres contratacións, que contribúan á promoción de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia e conter un mínimo de dúas das disciplinas de teatro, danza, música, novo circo ou maxia.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Xacobeo, Consellería de Cultura, Danza...