Leiro acolle o I Festival Ribeiro Land Art

Acolle intervencións, concertos, danza e propostas enolóxicas entre o 25 e o 27 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartel do Ribeiro Land Art

Cartel do Ribeiro Land Art

A entidade local menor de Berán, no Concello de Leiro, acolle entre os vindeiros 25 e 27 de xuño a primeira edición do Festival Ribeiro Land Art. O encontro, organizado polo proxecto Ribeiro Land Art defínese como unha cita de "carácter naturalista e intimista reivindicando o patrimonio forestal e vitícola do Ribeiro como espazo para o encontro coas artes". Esta primeira edición amosa traballos de máis de 70 artistas tiradas das coleccións Andante e 49 Razones, Lab des sens atelier, Rebeca Ponte e Mamen Bazarra.

Para alén da exposición destas obras, o programa recolle propostas de performance e surrealismo a cargo de Nichichanimiloná con A psicose da Geisha, danza a cargo de Carlota Pérez e Jordi Cortés, a zanfona de Alejandro Dapena, a música de Astrogirl e mais ópera da man de Loli Cresto e Alejo Amoedo. O encontro conta tamén con charlas sobre cuestións como o Camiño de Santiago do Ribeiro, o barroco na comarca, a conservación patrimonio forestal, o movemento de escritores na foresta e mais a proposta Shinrin-Yoku de saúde e natureza. O domingo desenvolverase a ruta Viticultores con Arte do Ribeiro que percorrerá oito viñedos con actividades culturais e catas a cargo de diferentes adegas.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Estradas na paisaxe

Estradas na paisaxe

Carla Andrade gañou o certame B-ELLAS Artes coa serie Paths to land

Arte e terra

Arte e terra

O Encontro Internacional de Land Art achega nove creadores desta disciplina a Narón

Peregrinos baixo as vides

Peregrinos baixo as vides

A reivindicación do Camiño do Ribeiro acumula probas históricas desta ruta de peregrinación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Leiro, Danza, Alejo Amoedo, Barroco...