A nosa industria enolóxica segue tecendo cada día máis lazos coa cultura para reivindicar o seu oco nos veráns galegos e na mesma identificación do viño como parte da nosa identidade cultural e da oferta turística do país. A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 27 de xullo unha nova edición do ciclo Enocións by Ribeiro e a goleta das adegas Marqués de Vizhoja xa se prepara para saír do porto de Vigo todas as fins de semana de agosto ofrecendo concertos a bordo. Enocións by Ribeiro, ciclo organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O Ribeiro), volverá este mes de xullo á cidade da Coruña cunha nova sesión de maridaxe entre os sabores do viño e diferentes expresións artísticas, neste caso a poesía e o blues. Nesta ocasión, a cita será na Sala Moom 57 (Paseo de Ronda, 57) o xoves 27 de xullo ás 20.30 horas e contará coas poetas Yolanda Castaño e Lucía Aldao como presentadoras dunha cata na que o público degustará diversos viños da D.O. Ribeiro e gozará co concerto de blues que ofrecerá Marian Ledesma & Los Tinaquero Brothers.
Unha goleta de madeira será o escenario no que, por terceiro ano as adegas Marqués de Vizhoja ofrecen o ciclo Agosto na Ría Marqués de Vizhoja. Oito travesías en venres e sábados do mes de agosto nunha centenaria goleta de madeira para ver desde a Ría de Vigo o solpor nas Illas Cíes e que en cada ocasión contan cun concerto a bordo dunha banda diferente. Os grupos galegos The Soul Breakers, Igloo, La Doble Fila, Lou Reyes, Flip Corale, Family Folks e When Nalda became punk conforman a programación á que este ano únese unha proposta chegada de Portugal co apoio do Instituo Camoes, o cantautor Benjamim. Cada travesía ofrecerá ademais gastronomía e, como é obvio, o viño do patrocinador.