Os viños das Rías Baixas conquistan Nova York mentres a cooperativa do Ribeiro organiza catas virtuais

Os viños saen fóra

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A gastronomía galega, ademais de estar representada en Madrid no marco do Food Art e o Salón Internacional do Clube de Gourmets, tamén ten unha cita na cidade de Nova York. A cidade norteamericana acolle estes días a unha delegación da Denominación de Orixe Rías Baixas que pretende captar clientes neste país, coñecido por ser un dos principais consumidores de viño branco do mundo. Doutra banda, a cooperativa do Ribeiro acaba de aliarse coa Internet para buscar novos clientes a través dunha cata virtual. Os interesados deben mandar unha mensaxe de texto á cooperativa que lles remitirá unha botella e unha clave de acceso a un sitio web onde poderán seguir a cata cun prestixioso enólogo.

Máis información sobre Food Art no web da Casa Palacio (espazo no que ten lugar o evento) e sobre o Salón Internacional do Clube de Gourmets no seu web; sobre a presenza galega en Nova York en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Rías Baixas, Internet, El Correo Gallego...