Pepe Solla e Juan Mato participan en dous eventos culinarios que achegan a gastronomía coma arte

A crème da crema

Food Art e o Salón Internacional do Clube de Gourmets son as dúas citas que se inauguran estes días en Madrid e que pretenden reforzar a filosofía de que a gastronomía é cultura pero tamén arte. E nas dúas citas gastronómicas “de altura” hai representación galega. No primeiro porque os cociñeiros Pepe Solla e Juan Mato fan parte da elite de chefs que farán as delicias do público, e no segundo porque o noso país aparece como convidado especial no “Obradoiro dos sentidos”. Alí se presentará a denominación de orixe protexida do Mexillón concedida pola UE, así como un percorrido pola nosa gastronomía.

Máis información sobre Food Art no web da Casa Palacio (espazo no que ten lugar o evento) e sobre o Salón Internacional do Clube de Gourmets no seu web; sobre a presenza galega en La Voz de Galicia e Galicia Hoxe