Tostados, escumosos e viños con crianza, as novas apostas da viticultura en Galicia

Un Salón moi líquido

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Tostados do Ribeiro, escumosos de Valdeorras e crianzas de viños brancos e tintos son as novidades do viño galego que puidemos coñecer no II Salón dos Viños e Augardentes de Galicia, que se clausura hoxe na Coruña. Os visitantes puideron probar arredor de 300 marcas diferentes de viños e augardentes, nun intenso programa deseñado para diversificar a cultura do viño. Deste xeito, presentacións de guías de viños e libros de receitas, cursos de iniciación á cata e concursos fotográficos e de deseño de botellas foron parte do programa deste Salón que busca popularizar e facer visibles os viños galegos. Ao mesmo tempo, hoxe soubemos que a Consellaría de Medio Rural aprobará a denominación específica de Viños da Terra Ribeiras do Barbanza-Iria para unha serie de concellos da comarca de Barbanza e Padrón.

Máis información na web do Salón do Viño, Galicia Hoxe; sobre a nova denominación de viños do Barbanza e Iria en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un país de etiqueta

Un país de etiqueta

Unha exposición en Ribadavia reflicte a imaxinería das etiquetas de viños galegos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Medio Rural...