Unha mostra acolle as relacións que as obras de Rosalía e Cabanillas estabeleceron co mundo do viño

De viños cos poetas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A exposición “Rosalía e Cabanillas a través do viño” recolle e reúne aquelas partes da inxente obra dos dous escritores na que se fai algunha referencia ao viño, a vendima, as tabernas e a todo aquilo que ten que ver con esa bebida. A Casa-Museo de Rosalía en Padrón acolle esta mostra até o 29 de febreiro, despois do cal irá á Casa dos Poetas de Celanova. Dez paneis informativos e tres vitrinas con primeiras edicións son a base da mostra que, polo seu carácter didáctico sobre a vida e obra dos poetas, viaxará despois por centros de ensino tentando animar aos estudantes a coñecer as Casas-museo.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Galicia Hoxe, Ensino, Celanova...

Claves

Entidades
Conceptos