Casas e fundacións de escritores únense nunha rede para gañar visibilidade

Reuníronse na Casa dos Poetas de Celanova

13/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioliteratura
32 lecturas | Compartido 0 veces

Fundacións e Casas Museo de escritores de Galicia participaron no seu II Encontro, celebrado na Casa dos Poetas de Celanova, co obxectivo de crear unha rede coa que se poidan "compartir experiencias" e "colaborar para lograr unha maior visibilidade do seu papel na sociedade e das actividades". Na xuntanza participaron a Fundación Curros Enríquez, a Fundación Eduardo Pondal, a Casa Museo Rosalía, a Fundación Carlos Casares, a Fundación Insua dos Poetas, a Fundación Blanco Amor, a Fundación Carlos Velo, a Fundación Cela, a Fundación Uxío Novoneyra, a Fundación Manuel María, a Casa Museo Otero Pedrayo, a Fundación Vicente Risco e a Casa de la Troya.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Celanova, Carlos Velo, Carlos Casares...