A Fundación Curros Enríquez recoñece a empresa R

Outorgoulle o XXIX Premio Celanova, Casa dos Poetas polo seu compromiso coa lingua e o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

“O compromiso que dende a súa fundación, no ano 1998, ten mantido co noso idioma, coa nosa cultura e coa nosa terra, desexando lanzar con este recoñecemento unha mensaxe de futuro para a nosa lingua, por entender que Galicia e o galego poden e deben ser ferramentas válidas a tódolos efectos no complexo ámbito da enxeñería das comunicacións e na inmensa rede da globalización”. Así xustificaba o Padroado da Fundación Curros a concesión o pasado sábado do XXIX Premio Celanova, Casa dos Poetas ao grupo R de telecomunicacións.

O organismo reuniuse na sede da Fundación en Celanova e acordou ademais promover entre a sociedade civil a Asociación de Amigos e Protectora da Real Academia Galega para garantir o financimento desta institución. O premio entregarase o vindeiro día 8 de setembro.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Fundación Curros Enríquez, Real Academia Galega, Lingua galega