Estradas na paisaxe

Carla Andrade gañou o certame B-ELLAS Artes coa serie Paths to land

21/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Imaxe de Paths to land. Fonte: Web de Carla Andrade

A fotógrafa viguesa Carla Andrade facíase a pasada semana co premio B-ELLAS Artes na súa primeira edición, impóndose entre 117 participantes. O proxecto premiado, Paths to land, consiste nunha serie de 18 fotografías analóxicas que reflexionan sobrea idea de paisaxes e da estrada como metáfora.

Paths to land
1/5
Paths to land
2/5
Paths to land
3/5
Paths to land
4/5
Galería: Paths to land
5/5

Andrade desenvolveu o proxecto durante unha residencia artística en Islandia o pasado ano. Como parte do premio, que organiza a Fundación Fondo Internacional de las Artes, (FIArt), a obra da fotógrafa poderá verse na sede desta entidade en Madrid, entre o 7 e o 29 de marzo vindeiros.

O proxecto amosa o interese desta creadora pola paisaxe. "É un elemento ao que lle outorgo un certo carácter místico, como se tivese poderes máxicos. Quero tamén retratar a a escisión entre o home e a naturza". Segundo explica a fotógrafa, esta serie "é en certo xeito unha continuación do meu anterior proxecto, Paisaxe Suspendida, que era un compendio de montañas. Aquí quixen incluír un elemento artificial, a estrada, coa que quero representar a necesidade humana do artificial para ir ao natural. Tamén me interesaba como do camiño como orixe, a concepción de volta á natureza como retorno ás orixes nun mundo hipertecnificado".

Encol do emprego de fotografía analóxica para os seus traballos, Andrade sinala que "consigo falar do que quero mediante a fotografía, que me dá unha estética algo pictórica. Gústame a idea de paisaxe construída coa ollada e non me interesa nese sentido a fotografía nidia. Penso que o erro achégalle unha certa subxectividae a imaxe, creando un nexo entre o eu e a paisaxe" asegura.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Carla Andrade, Fotografía, Natureza...

Claves

Protagonistas
Lugares