Un escultor converte unha canteira nun museo ao aire libre

Canteira artística

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O “Land art” é o nome acuñado nunha expresión artística que usa o medio natural como escenario, soporte ou materia prima. Pois ben, Galicia xa ten un novo exemplo“land art” que se une á Illa das Esculturas de Pontevedra ou as experiencias que se desenvolveron no Pazo de Mariñán. Chámase “O bosque” e trátase da intervención que o escultor Camilo Rodríguez Vidal realizou nunha canteira en Arteixo. A instalación consiste nun bosque de megálitos de granito e é a primeira dunha serie de actuacións artísticas en explotacións organizadas pola Cámara Oficial Mineira. De escultura tamén vai a mostra que se pode ver nas rúas de Vigo ata o 20 de novembro. Chámase “O mito perdido” e consiste na colocación de 22 esculturas do artista polaco Igor Mitoraj nas rúas do centro da cidade.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre as esculturas en Vigo no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Pazo de Mariñán, Arteixo...