Oito fotógrafos e dous comisarios galegos participan en PhotoEspaña

Juan Adrio, Victoria Diehl, Carla Andrade ou Cadelasverdes fan parte do certame

18/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Fotografía da mostra de Manuel Vilariño en PhotoEspaña

A fotografía galega conta cun bo oco na nova edición de PhotoEspaña, que se celebra ata o final do vindeiro mes de xullo. Manuel Vilariño, ccoa súa exposición Mar de forano círculo de Bellas Artes, é un dos principais representantes da nosa imaxe. Os creadores Juan Adrio e Victoria Diehl (na colectiva Air_port_photo), Carla Andrade, Eva Díaz e o trío Cadelasverdes completan o panorama artístico do país na sección oficial. No campo dos comisarios, destaca, segundo recollía onte Faro de Vigo, o traballo de Manuel Ruíz de Samaniego coa mostra de Vilariño e mais o de Manuel Segade, que se encargou da mostra de Lara Almarcegui.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carla Andrade, Manuel Segade, Manuel Vilariño, Fotografía...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares