Quiosco: Saga. Revista dixital de investigación número 3

A revista de antropoloxía e historia inicia unha nova etapa

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta do novo número de Saga. Revista dixital de investigación

Cuberta do novo número de Saga. Revista dixital de investigación

A coincidir co décimo aniversario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), a entidade relanzou a súa Revista dixital de investigación, da que están dispoñibles en liña e de balde todos os contidos. Neste número, Lidia Mariño explora as relacións entre a figura mitolóxica da Vella en Galicia e Frau Holle xermánica; Alexandre Paz, Vanesa Mariño e Eloy Martínez presentan dous novos petróglifos do Morrazo ou Miguel Losada analiza as referencias historiográficas á batalla de Montecubeiro.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antropoloxía, Sociedade Antropolóxica Galega, Morrazo, Etnografía