AveLina Pérez estrea Por favor, ténteo novamente máis tarde

O Teatro Ensalle de Vigo acolle esta coprodución co CDG entre o 11 e o 13 de xuño

10/6/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
38 lecturas | Compartido 0 veces

Un proxecto que "é un intento de supervivencia, é querer fuxir do ruído, é compartir espazo sen ollarnos mentres morremos por facelo, é buscarme e é buscarte". Así se define Por favor, ténteo novamente máis tarde, a nova montaxe de AveLina Pérez en colaboración coa Sala Ensalle e o Centro Dramático Galego. O espazo vigués acolle a estrea desta obra que aborda a vulnerabilidade "en contraste con todo iso que nos queren facer crer que é vivir" entre o 11 e o 13 de xuño.

A obra está escrita e dirixida por AveLina Pérez, que comparte escenario con Daniel Casquero a representar "dúas persoas, cada unha co seu mundo, inmersas no ruído, transitan polas súas obsesións e desamparos". Segundo explica a presentación do proxecto, "a dramaturxia constitúese arredor do pensamento individual, anulando a posibilidade de comunicación inda que esteamos, paradoxalmente, propiciando o encontro. Acompañando esta individualidade: o ruído".


Universo culturagalega.gal

01/09/2017

Abre a Sala Montiel

Matarile Teatro impulsa este espazo temporal de creación e encontro en Compostela

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Avelina Pérez, Teatro, Teatro Ensalle, Vigo...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares