Abre a Sala Montiel

Matarile Teatro impulsa este espazo temporal de creación e encontro en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Abre a Sala Montiel

Un "espazo In-Permanente de exhibición, encuentro e creación, que acogerá programación de danza, teatro e una editorial teatral". Este é o xeito no que Matarile Teatro define a Sala Montiel, o local que inaugura ás 21 horas desta mesma noite en Compostela. A nosa sala, situada nunha antiga fontanería próxima ao casco histórico, nace con vocación temporal e prevé fechar as súas portas o sete de novembro. O proxecto, que se financiou en grande medida mediante crowdfunding naceu a partir da necesidade da compañía de contar un espazo para os ensaios da súa nova montaxe Circo de Pulgas. Canda a estas sesións, a Sala acollerá outras propostas como as performances que entre o sete e o nove de setembro se integran no programa do festival WOS Inc a cargo de Nuria Sotelo, Javier Martín e David Loira. Ademais, o festival Vigo en Bruto programará no espazo unha extensión das súas actividades e prevense funcións de Juschka Weigel, Celeste González, Teatro Ensalle ou Avelina Pérez, ademais de diferentes encontros con creadores e residencias artísticas entre outras propostas. A Sala servirá tamén de sede para o selo Ediciones Invasoras.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Matarile Teatro, Javier Martín, Nuria Sotelo...