O Teatro Ensalle pon en marcha o proxecto .EXE

O Espazo Xerador Ensalle acollerá 17 compañías en residencia ao longo do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

A sala viguesa Ensalle en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) presentaba onte o Proxecto .EXE. O Espazo Xerador Ensalle nace como "plataforma de residencias artísticas e técnicas para promover a busca de novas narrativas, a profesionalización e unha maior visiblidade da creación contemporánea galega". Nesta liña, a sala acollerá ao longo dos vindeiros doce meses un total de 17 compañías en residencias. Os grupos participantes contarán, para alén dun espazo no que traballar, con soporte técnico e loxístico.

O proxecto prevé un mínimo de 80 días de residencias ao longo da temporada, coa perspectiva de promover a investigación "arredor das novas narrativas escénicas, o fomento das confluencias entre as diversas disciplinas artísticas, o apoio á creación a través da coprodución, a captación dun público especializado para testar os traballos en proceso ou a asesoría nos procesos de produción, distribución e promoción". Ademais ofertaranse 20 días de programación para formacións galegas de nova creación ou proxectos xurdidos ao abeiro deste proxecto.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Abre a Sala Montiel

Abre a Sala Montiel

Matarile Teatro impulsa este espazo temporal de creación e encontro en Compostela

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Ensalle, Axencia Galega das Industrias Culturais