Corenta e dous proxectos escénicos de residencia artÃstica para a reactivación de espectáculos xa producidos conseguen parte das axudas de impulso do sector escénico galego convocadas pola Axencia Galega de Industrias Culturais o pasado mes de agosto. Agadic ven de facer pública a resolución destas subvencións que alcanzan a catro salas, 12 proxectos de danza e artes do movemento e 26 compañÃas ou proxectos escénicos de teatro, novo circo ou maxia. A sala Teatro Ensalle de Vigo acada a maior subvención bianual, con 40.000 euros que se dedicarán a proxectos de residencias. Estas axudas permitirán a moitos espectáculos que estaban no seu ciclo de exhibición cando comezou a pandemia, volver aos escenarios en canto sexa posible asegurando ademais un número de representacións ante público. As subvencións apoiarán, por exemplo a reactivación de cinco espectáculos da compañÃa Licenciada Sotelo polo seu 10º aniversario coma os de moitas outras compañÃas teatrais e de danza. En total Agadic destinou un orzamento de medio millón de euros a esta convocatoria.