Pisando Ovos estrea en Vigo Directo 9

O vigués Teatro Enselle acolle esta nova proposta de danza

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Escena de Directo 9

Escena de Directo 9

"Unha peza sobre o directo, un concerto onde os corpos son os protagonistas, e non só os corpos dos bailaríns". Así define a compañía Pisando Ovos Directo 9, novena produción da súa traxectoria e primeira na que a directora do grupo, Rut Balbís, non fai parte do elenco. A montaxe, que conta co apoio do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego, estréase esta noite no Teatro Ensalle de Vigo, onde se poderá ver ata o vindeiro 6 de outubro. O DJ Jas Processor e os bailaríns Raúl Pulido e Laura Villanueva dan vida a este proxecto que "ten como eixo principal o concepto de concerto/reunión". Segundo explica a compañía, o espectáculo "ten como base a construción escénica do espazo e o son en directo, no momento presente. Directo 9 busca crear unha peza onde o corpo amose todo o seu potencial. Directo 9 crea un lugar de encontro sen barreiras entre o intérprete-artista e o espectador. Directo 9 invita a todxs xs asistentes a compartir ese salto ou vibración ou movemento conxunto que nos fai tolear nos concertos de masas".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A viaxe soñada

Achegamos un adianto de Etheria, o último espectáculo do Centro Coreográfico Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Teatro, Danza, Espectáculo...