IlMaquinario Teatro amosa a súa Resaca

A terceira montaxe do grupo estréase esta noite en Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
IlMaquinario Teatro amosa a súa Resaca

O Auditorio de Ourense acolle esta noite a estrea de Resaca, a terceira montaxe de IlMaquinario Teatro. Tito Asorey dirixe un texto que elaborou con Ana Carreira e que xira arredor da desaparición dunha persoa. Teatro, performance, poesía, narración oral e música en directo mestúranse nunha proposta "sobre a resaca da existencia" que supón "unha celebración da vida e da amizade", segundo asegura a compañía. O argumento elaborouse a xeito de teatro documental, a partir da biografía de diferentes membros de IlMaquinario e cun sistema de preguntas que deron pé ao texto final. Melania Cruz, Fernando González. Fran Lareu, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich comparten escenario neste proxecto, que se poderá ver na Cidade das Burgas ata o vindeiro domingo e ao longo do vindeiro mes de febreiro visitará Compostela (día 1) e Lugo (16).

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Resaca, Ourense, Ana Carreira...