Co gallo do centenario da publicación do boletín NÓS no ano 2020, a compañía ourensá Sarabela Teatro e a produtora Ollo Vivo prepararon unha montaxe que agora chega ante o público. Será este venres, 29 de outubro, cando o Teatro Principal de Ourense acolla a estrea absoluta de 'Semente de NÓS' que pasará xa ao seguinte día, sábado 30, ao Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A montaxe ten dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña e con Tito Asorey como codirector, ademais conta coas interpretacións de Fernando Dacosta, Elena Seijo, Rosa Puga Dávila, Fernando González, Fran Lareu, Santi Cuquejo e Alberte Medeiros.
'Semente de NÓS' preséntase coma un "Docu-Drama", unha peza de teatro documental que fai unha "celebración-indagación vizosa e crítica de enorme interese social e cultural". O proxecto pretende achegar desde unha perspectiva contemporánea unha actualización e difusión dunha parte do legado da revista NÓS e a xeración que a creou. "Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos", explica a presentación do espectáculo. Esta produción quere propor, usando elementos que van desde a danza, música, a interpretación, as proxeccións e os documentos visuais, un mosaico "que permita ás persoas que participen mergullarse na alma dunha época que dialoga facendo audibles as voces, facendo visible o invisible". Para as coreografías a obra conta con Nuria Sotelo, música de Trilitrate e cancións de Fernando Dacosta.