ilMaquinario Teatro estrea Perplexo

Ourense acolle o venres 31 a primeira función da comedia de Marius Von Mayenburg

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
ilMaquinario Teatro estrea Perplexo

O Teatro Principal de Ourense acolle este venres 31 a estrea de Perplexo, a última montaxe de ilMaquinario Teatro. A compañía de Tito Asorey, Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González e Laura Míguez levas á táboas unha comedia do alemán Marius Von Mayenburg na que se reflexiona sobre os roles socias. Segundo explica a compañía, "a peza, na que os personaxes teñen o mesmo nome que os actores que a interpretan, xoga dun xeito audaz co teatro dentro do teatro para falar, de maneira tremendamente cómica, de temas de tanta actualidade como son a procura dunha identidade propia, a pervivencia do fascismo na nosa sociedade, as dificultades das relacións de parella, a explotación dos inmigrantes no mundo occidental e mesmo a existencia (ou non) dun poder superior que rexe as nosas vidas". A seguir da súa presenza en Ourense, onde se pode ver ata o día 1 de novembro, a obra presentarase íntegra no marco do Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas que se celebrará en Santiago do 3 ao 5 de novembro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Comedia, Melania Cruz, Tito Asorey...