A viaxe soñada

Achegamos un adianto de Etheria, o último espectáculo do Centro Coreográfico Galego

1/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosdanza
28 lecturas | Compartido 0 veces

O Teatro Rosalía acolle este sábado Etheria. A viaxe soñada, un espectáculo de danza no que o Centro Coreográfico Galego recorda o camiño de Santiago. Dirixido por Mercedes Suárez, fundadora da compañía Durída Danza, a montaxe lembra o periplo dunha relixiosa galega no século IV, na súa viaxe desde Xerusalén ata Compostela. Achegámonos ata a nave de Agadic, onde tiñan lugar os ensaios, e ofrecémosche un adianto do que se verá este sábado (e que terá música en directo).

Nota: A música do vídeo non se corresponde co do espectáculo. É de Juan Escarmena Tejada. Banda Sonora de un sueño. Pista Osíxeno.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Centro Coreográfico Galego, Danza, Mercedes Suárez...