O álbum Etheria partiu da banda sonora do espectáculo homónimo do Centro Coreográfico Galego e agora madura como disco singular, con maior desenvolvemento musical, asegura o líder da formación ISGA Collective, Isaac Garabato. Etheria presentouse en Londres na primavera e a semana pasada ISGA presentouno en Vigo. O resultado é un son moi particular. Queremos amosar unha música que ten que ver con Galicia, pero adoptamos máis correntes, sinala Garabato, porque Galicia como sociedade é máis plural e máis moderna.
Deste xeito, Etheria combina as melodías e a instrumentación tradicional con toques de blues, jazz, soul , acordes moi contemporáneos e tamén influencias africanas e orientais. O disco responde ás necesidades dun espectáculo coreográfico sobre a que se considera unha das primeiras peregrinas, a monxa galega Etheria, que viaxou por Asia Menor ata Xerusalén no século IV e deixou constancia escrita do periplo.
Para a composición orixinal, en colaboración coa directora do espectáculo Mercedes Suárez, Garabato recolleu estas influencias: a nivel musical queriamos dar un ton máis exótico que conforme avanzaba o espectáculo se ía galeguizando. Acostumado a traballar con Suárez, a composición orixinal é un diálogo entre movemento e temática musical. Ás veces a música propón un movemento dos danzantes e outras veces é o contrario, hai fragmentos xa coreografiados aos que te adaptas, apunta Garabato. O compositor acudía aos espectáculos e gravaba en vídeo aos ensaios. No estudo, xurdía a música a partir das evolucións dos bailaríns.
Máis que un grupo, ISGA Collective é un colectivo formado por sete músicos que proceden do jazz, da música tradicional ou da clásica, e que atopan un son máis homoxéneo nos vínculos galegos. Nos seus espectáculos en directo combinan a música coa presenza de videoartistas que lanzan visuais inspirados na música do grupo. É bastate habitual que os nosos concertos sexan multidisciplinares, sinala Garabato. Aínda que non son moi coñecidos en Galicia, o colectivo xa leva realizado numerosos concertos fóra do país: A xente fóra sorpréndese con que se faga este tipo de música en Galicia, asegura Garabato.