"Música para escoitar, danzar e reflexionar. Música comunitaria. Inspiración poética e polÃtica de quilómetro cero: desde Redondela para o mundo". Asà se presentan As Efémeras, un grupo que debutou ao vivo no verán de 2020 e que acaba de lanzar o seu primeiro traballo, co mesmo nome da formación. O CD autoeditado achega trece temas con "letras de intelixencia racional e emocional. Composicións novas e frescas con inspiración nas músicas populares. De Galiza e Portugal. Musicas lixeiras e contundentes. Bailables, mais que dan que pensar".
Letras de retranca poética e combativa atópanse con instrumentacións nas que percursión tradicional, guitarras, ventos e acordeóns combÃnanse con ecos bravús, recitados ou efectos sonoros con abondosas referencias contemporáneas. O disco recolle unha selección de temas como Namorare, "un paseo por oito das trece parroquias de Redondela, co amor como fÃo condutor". Chora o mar, "un alegato contra a contaminación, da terra e do mar, e un chamado a un novo mundo, máis respectuoso co medio ambiente" ou Rock residente resiliente.
No grupo, Fon Conde, Olga Nogueira, Berto Covelo, Claudia Sánchez, Paqui Crespo, Irene Campelos, Xerardo Carbia e a colaboración especial de Pedro Pérez preséntanse como "artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidos coa ecoloxÃa, a cultura e a fala do paÃs".