A Orquestra Galega de Liberación leva a improvisación ao disco

O proxecto presenta o seu primeiro álbum con dez temas gravados ao vivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A Orquestra Galega de Liberación leva a improvisación ao disco

O traballo de dezaseis músicas e músicos a improvisar baixo a dirección de Xacobe Martínez Antelo, rexistrado ao vivo na forma de dez temas. Este é o contido do primeiro álbum da Orquestra Galega de Liberación, unha formación que se deu a coñecer o pasado mes de setembro de 2020 en Compostela no marco do Festival de Artes Performativas Plataforma. Segundo explica a presentación do álbum, do mesmo nome que a banda, "toda a música deste concerto foi improvisada no momento e composta a tempo real mediante técnicas de improvisación dirixida. Ningún material viña pactado, aprendido, ou composto previamente. O noso primeiro disco é o concerto íntegro de principio a fin". A formación reúne nomes chegados do jazz, a música clásica ou a performance, como Max Gómez, LAR Legido, Javier Pereiro, Olivier Cano, Xosé Miguélez, Sheila Patricia, Elena Vázquez ou Macarena Montesinos.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Miguélez, Jazz, Medios de comunicación, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...