Os Bar Ban Sónicos presentan o seu primeiro disco 'Químicamente impuro'

A banda da Pobra xa teñen nas redes este primeiro disco con 14 temas en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Os Bar Ban Sónicos presentan o seu primeiro disco 'Químicamente impuro'

Desde hoxe xa está dispoñible nas plataformas dixitais o que é o primeiro disco de longa duración da banda de garaxe punk Os Bar Ban Sónicos. O trío da Pobra do Caramiñal presentan 14 temas en galego neste 'Químicamente impuro' (Rock CD Records) gravado no Herztcontrol Studio en Seixas, Portugal. Contundentes sonoridades punk e de rock de garaxe son as bases deste traballo que estivo adiando a súa saída para ver a posibilidade de apoialo coas actuacións en directo da banda conformada por Manel Casal (guitarra e voz), Abel Cores (batería) e Amroth Lopez (baixo e coros). O lanzamento veu precedido pola saída do EP "Alimentando o nervio" o pasado 2020. O deseño gráfico do traballo é obra de Guillotina Estudio. O grupo tomou o seu nome da unión "dun posible xentilicio comarcal, Barbansós", co grupo do que fixeron as primeiras versións, The Sonics.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Portugal, Pobra do Caramiñal, Medios de comunicación