Unha selección de músicas gravadas ao vivo, material descartado doutros álbums ou proxectos que non chegaron a ver a luz compoñen o disco 40 anos Xacarandaina. A formación de música tradicional coruñesa celebra o seu aniversario con este lanzamento, no que se poden escoitar desde a Danza de Bergantiños, gravada ao vivo en 1981 nun festival bretón, ata gravacións do pasado ano que permiten verificar a evolución do grupo de música e baile tradicional ao longo do tempo. Ademais, inclúense temas rexistrados en 1990 na que se considera a primeira gravación moderna dun grupo de pandeireteiras para un disco.
O álbum, autoeditado, preséntase oficialmente ao público nunha gala que se celebrará este sábado 6 de abril no Teatro Colón da Coruña. Un elenco de 50 artistas a incluÃr pandereiteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro, porán en escena pezas que van desde o trÃo tradicional aos cantos de taberna.