O violín folk vai de acampada

O San Simón Fiddle cumpre o seu décimo aniversario cun disco conmemorativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O violín folk vai de acampada

Do 5 ao 11 de xullo a illa de San Simón acollerá a décima edición do "San Simón Fiddle", un encontro xuvenil vinculado á aprendizaxe e a destreza do violín folk, organizado pola Asociación Galicia Fiddle e que este ano estará dedicado a Italia. Os rapaces contarán con mestres como Alfonso Franco, Begoña Riobó, ou Anxo Pintos, canda artistas estranxeiros convidados como Rémy e Vincent Boniface, Sergio Caputo, Francesco Busso, Ilio Amisano e Marta Roma. Para conmemorar os dez anos do campamento, vaise realizar un disco especial de fiddle interpretado polos rapaces e rapazas como solistas que interpretan pezas tradicionais, apoiados polos mestres e outros compañeiros. A maiores, o venres 2 comezará o encontro musical e cultural Encordass, destinado a adultos, e que este ano contará coa participación de músicos italianos.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Italia, Illa de San Simón, Roma

Claves

Conceptos