A Asociación Galicia Fiddle, promotora do encontro de violÃn tradicional San Simón Fiddle, está a celebrar a súa primeira década de existencia. Cun certo atraso, derivado da pandemia, a entidade presenta Acanteira, un libro-CD que recolle dezaseis temas da música tradicional galega adaptados a este instrumento e tocados por intérpretes de entre 13 e 24 anos.
Un tema de Florencio dos Vilares, icona do violÃn popular, abre o repertorio, que inclúe tamén versións adaptadas ao violÃn de xotas, alboradas, muiñeiras ou pasodobres. O álbum foi gravado nos Estudios Ancestral en Xustáns (Ponte Caldelas) con Isaac Millán, Hugo Franco e Anxo Pintos como técnicos de gravación. O proxecto conta coas colaboracións de Alfonso Franco, Anxo Pintos, Begoña Riobó e Felipe Rodicio, mestres fundadores do proxecto Galicia Fiddle, que corren cos arranxos das pezas con intérpretes de menos idade.
O volume inclúe para cada tema, que foi escollido polos propios participantes, a partitura impresa e un código QR que dá acceso á partitura interactiva sincronizada co audio, "unha novidosa ferramenta de aprendizaxe da que Acanteira é pioneira", segundo destaca Galicia Fiddle. Para a entidade, "con este disco celebramos a madurez dunha asociación que formou unha nova xeración de instrumentistas de música popular, pero tamén, e máis importante, de mestres", formados xa no marco do proxecto, "que asegurarán a continuidade dunha canteira de rapazas e rapaces que xa contan os dÃas que faltan para seren os protagonistas do vindeiro disco".
Segundo destaca a entidade que promove este proxecto, a selección de intérpretes "representa a primeira xeración de músicos e músicas de corda formados por e para a música tradicional", o que marca "un fenómeno anovador sen precedentes nun paÃs en que a única vÃa para se formar pasaba ata hai pouco por escolas e conservatorios clásicos". O proxecto contou co apoio da Xunta de Galicia a través da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade para a súa gravación.