"Que o tÃtulo desta xornada, á mantenta provocador, non chame a engano. Esta é unha xornada coa que buscamos incentivar unha mirada diferente: fuxindo do memorial de agravios e da extensión da queixa, queremos un cambio de enfoque", asà o afirman Carlos Amoedo e Xavier Campos, coordinadores da xornada "Dereito contra cultura. Unha relación conflitiva a debate", que se celebrará presencialmente no Consello da Cultura Galega o 9 de xuño. A xornada, na que concorren especialistas universitarios e profesionais da xestión cultural de todo Estado, procura por unha banda "buscar solucións operativas que simplifiquen os procedementos administrativos e en desatar os nós máis conflitivos" e reflexionar de maneira colectiva sobre as mudanzas lexislativas precisas para facilitar o desenvolvemento da cultura en Galicia. A xornada está composta de tres mesas transversais e tres sectoriais, nas que participan letrados da Xunta, interventores de deputacións, catedráticos universitarios, editores ou concelleiros de cultura, entre outros. A inscrición é gratuÃta pero as prazas son moi limitadas.