O CCG organiza un encontro sobre o pasado e o presente das bandas de música populares

A xornada celébrase mañá venres e a inscrición é gratuíta

A xornada “As bandas de música na cerna da cultura popular de Galicia” celebraranse no Consello da Cultura Galega este venres 15 de novembro de 2013, organizadas por Luis Costa. As xornadas, de inscrición gratuíta, afondarán na tradición destas emblemáticas formacións e nas súas transformacións nas últimas décadas. O evento comeza ás 16.30h.


O devandito encontro pretende rememorar o pasado das bandas, “ avaliar o estado e as perspectivas da investigación ao redor desta parcela tan relevante do patrimonio cultural inmaterial de Galicia; analizar os cambios acaecidos no seu seo nos últimos decenios –os repertorios, a actividade formativa, as estruturas organizativas...”. Para iso, reunirá a expertos como Xosé Ramón Paz Antón, Sergio Noche García, Xosé Carlos Seráns baixo a moderación de Luís Costa.-

Deste xeito, Paz Antón falará sobre as actividades cíclicas e extraordinarias das bandas de mús e Sergio Noche exporá as súas investigacións sobre a Banda Municipal de Ourense. Xosé Carlos Seráns falará sobre as bandas de música no século XXI.
O evento será retransmitido en directo no web do CCG.