Dosier: Bandas de Música

O CCG acolle un encontro sobre bandas e cultura popular este venres 15 de novembro

13/11/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Organizadas pola Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega e dirixidas por Luis Costa, as xornadas "As bandas de música na cerna da cultura popular de Galicia" pretenden "analizar os cambios acaecidos no seu seo nos últimos anos", como na formación, na organización, etc. Está chegando a música de bandas a novos ámbitos nos que antes non existía ou non era tida en conta. As xornadas celebraranse este venres 15 de novembro no Consello da Cultura Galega.

Previamente, culturagalega.org ten ofrecido nos últimos meses reportaxes de interese sobre o rexurdir das bandas populares en Galicia.

1. Historia dunha banda.
Unha tese reivindica a importancia da banda municipal de Ourense.

2.125 de notas no rural.
A banda de Música de Silleda cumpre este ano o seu 125 aniversario cun programa cargado de actividades

3. Os que levaron Beethoven á aldea
A bandas populares influíron de xeito decisivo na configuración da música galega

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Artes Escénicas, Culturagalega, Beethoven...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares