O Consello da Cultura reivindica a figura de Exeria cunha xornada

A sede da institución acolle esta actividade o vindeiro 27 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Consello da Cultura reivindica a figura de Exeria cunha xornada

Co título Exeria e as mulleres na Gallaecia da Antigüidade tardía, o Concello da Cultura celebra o vindeiro 27 de xuño unha xornada dedicada a esta figura e ao seu contexto histórico. Segundo explica a presentación da xornada, a intención desta é "coñecer as últimas investigacións sobre a vida e obra de Exeria e situala no contexto actual da investigación sobre as mulleres da Gallaecia e Hispania tardoantigas, as súas vidas, a súa relación co cristianismo e a súa posición social".

O programa do encontro, que coordina Manuel Gago, inclúe unha conferencia de Ana María Suárez Piñeiro sobre A muller na Gallaecia romana. Henar Gallego, pola súa banda, abordará As mulleres na sociedade cristiá da Hispania tardoantiga e Eduardo López Pereira impartirá a palestra Exeria, primeira muller peregrina e escritora na Gallaecia. Os tres relatores concluirán a sesión cun coloquio.

Segundo sinala a institución "nos últimos anos, tanto en Galicia como no resto de Europa medra un renovado interese pola Antigüidade tardía e o seu legado" a lembrar que "a antiga Gallaecia destaca nesta época por un notable dinamismo cultural, político e económico, no que teñen unha importante presenza os autores cristiáns".

Neste contexto "brilla a figura da peregrina Exeria, hoxe reivindicada como a primeira muller das letras de Galicia". A autora escribiu un destacado Itinerario de viaxes a Terra Santa e Oriente Próximo, que só se coñeceu no século XIX.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Especial 8 de marzo

Especial 8 de marzo

O Álbum de mulleres oferta un amplo contexto sobre o Día da Muller Traballadora

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exeria, Gallaecia, Mulleres, Manuel Gago...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares