A Xunta investirá 650.000 euros no claustro da Catedral de Lugo

A licitación, prevista para xuño, insírese no Plan Catedrais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un total de 650.000 "para poñer en valor e garantir a correcta conservación do claustro" da Catedral de Lugo. Este é o investimento que realizará a Xunta segundo anunciou este 29 de maio Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, nunha visita a este templo. Os traballos, que se licitarán este mes de xuño, queren resolver diferentes patoloxías derivadas do paso do tempo e de factores ambientais que afectan a este espazo do templo.

Os traballos insírense no Plan Catedrais que o Goberno Galego anunciou que se desenvolverá ata o vindeiro 2027 e que afectará tamén aos templos de Ourense, Tui e Mondoñedo. De xeito previo aos traballos de recuperación desenvolvéronse no espazo do claustro unha unha serie de sondaxes arqueolóxicas nos que se localizaron restos de diferentes épocas desde o período romano, a incluír varios muros e unha necrópole de tumbas rectangulares e laxas de lousa.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Lugo, Román Rodríguez, Goberno Galego...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos