A Xunta anuncia a contratación do Plan Director do Parque do Pasatempo

O documento diagnosticará a situación do monumento e guiará actuacións futuras

22/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou hoxe que a Xunta iniciará as vindeiras semanas o proceso de licitación do Plan Director do Parque do Pasatempo (Betanzos). "O obxectivo é que este sexa un documento amplo que responda ao que o Pasatempo demanda, así como á complexidade das actuacións", sinalou Rodríguez. A consellería sinalou que o documento tamén fará unha diagnose da situación actual do Pasatempo e marcará as liñas de actuación futuras en relación á recuperación do ben. O conselleiro fixo estas declaracións durante a visita ás obras de restauración da igrexa de San Francisco promovidas polo goberno galego co obxectivo de reparar diferentes problemas de humidades do templo e na que se investiron 350.000 euros.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Goberno Galego, Betanzos

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares