Falece a científica María Teresa Miras Portugal

No ano 2007 foi a primeira muller en presidir unha Real Academia estatal en España

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasCiencia
Compartir:
María Teresa Miras durante a recollida da Medalla Castelao en 2016

María Teresa Miras durante a recollida da Medalla Castelao en 2016

Este xoves falecía en Madrid aos 73 anos de idade a científica galega María Teresa Miras Portugal (O Carballiño, 1948) pioneira no ámbito farmacéutico e primeira muller elixida como presidenta dunha Real Academia de ámbito estatal en España, ao ostentar a presidencia da Real Academia Nacional de Farmacia entre os anos 2007 e 2013 mantendo despois o cargo de presidenta de honra, a institución declárase hoxe de loito pola perda. A científica será soterrada na súa vila natal na provincia de Ourense polo seu expreso desexo. Miras Portugal era catedrática emérita de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidad Complutense de Madrid e tiña unha extensa traxectoria científica investigadora no campo da neurociencia. Publicou máis de 350 artigos de investigación en revistas especializadas e recibiu numerosos recoñecementos ao seu labor científico, como a Medalla Alberto Sols da Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular, o premio María Josefa Wonenburger 2008, o Premio de Investigación Miguel Catalán da Comunidade de Madrid pola súa traxectoria profesional en 2011 e a Medalla Castelao en 2016.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Madrid, Castelao, Medalla Castelao...

Claves

Protagonistas
Conceptos