Jimena Fernández de la Vega é recoñecida como Científica Galega do Ano

A Real Academia de Ciencia homenaxea a pioneira da xenética médica en España

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Jimena Fernández de la Vega. Fonte: RAGC

Jimena Fernández de la Vega. Fonte: RAGC

A coincidir co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra este 11 de febreiro, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) deu a coñecer que Jimena Fernández de la Vega e Lombán será homenaxeada como Científica do Ano 2021. A entidade sinala que De la Vega, nada en Vegadeo en 1895, "a súa carreira investigadora tivo o grande acerto de incorporar a xenética ao ámbito da saúde, sendo unha verdadeira pioneira da xenética médica en España. Posteriormente, os seus traballos no campo da hidroloxía aplicada á saúde foron tamén de enorme valía".

A Academia quere con este recoñecemento, que cada ano outorga a algunha personalidade que destacase pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia no país, "dar a coñecer a súa figura como exemplo de muller científica, en tempos nos que non era doado ser admitida e recoñecida". De la Vega é a segunda muller homenaxeada, despois da oceanógrafa Ángeles Alvariño, que recibiu a homenaxe en 2015. A RAGC destacou ademais da homenaxeada "o seu carácter loitador, amosado desde que fora a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) xunto coa súa irmá Elisa, onde acadou ademais o premio extraordinario".

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Real Academia Galega de Ciencias, Medicina, USC...