O Día da Ciencia en Galicia, que se celebra este oito de outubro, ten como protagonista nesta xeira a Jimena Fernández de la Vega. A Real Academia Galega de Ciencias destaca, na presentación desta efeméride á homenaxeada como "un referente excepcional do que foi a incorporación da muller, por fin, aos estudos universitarios e lembra que "foi unha das cincuenta científicas ás que a Junta para Ampliación de Estudios (JAE) lles concedeu bolsas de investigación para estudar fóra de España, con estadías en Alemaña, Austria e Italia. Logo da Xenética, orientando a súa traxectoria profesional cara á hidroloxía médica".
Para coñecer esta figura histórica, o Consello da Cultura Galega presentaba na mañá da efeméride o libro Jimena Fernández de la Vega. Un modelo de científica adiantada ao seu tempo que achega diferentes perspectivas sobre a figura. Deste xeito, a sobriña da homenaxeada, María Teresa Fernández de la Vega, incide na visión da científica no ámbito familiar a destacar o seu "liderado persoal discreto pero moi forte" e caracterizala como "unha ilustrada e unha aventureira que nos ensinou que o coñecemento é a única vía para transformar as cousas".
Desde a perspectiva científica, Milagros Candela Castillo explica o contexto da xenética no tempo en que Jiménez de la Vega desenvolveu os seus primeiros traballos, mentres Ángel Carracedo destaca as súas relevantes contribucións sobre a herdanza da hemofilia e lembra como hai xa un século a científica reclamaba un grande instituto de xenética para o país. Un texto de Rosa Meijide Faílde incide na faceta da homeneaxada como muller pioneira no campo da hidroloxía médica, e Susana López Abella céntrase no carácter da figura como exemplo para rachar barreiras de xénero.
A celebración do Día da Ciencia continúa ás 19 horas co acto no que a Real Academia Galega de Ciencias renderá homenaxe a Jiménez de la Vega. O Salón Nobre do compostelán Pazo de Fonseca acolle este evento no que Ángel Carracedo, ofrecerá unha conferencia titulada "Jimena Fernández de la Vega, pioneira da xenética clínica", e María Teresa Fernández de la Vega falará sobre "La tenacidad de una científica humanista". Ademais, proxectarase o audiovisual Jimena, científica e divulgadora.
No transcurso do acto entregaranse tamén as Medallas de Investigación de Galicia que este ano foron para Carmen Álvarez Lorenzo, que levou a medalla Ánxeles Alvariño González da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde; Carlos Hervés Beloso, medalla Domingo García-Sabell Rivas da sección de Ciencias Económicas e Sociais; Luis Castedo Ribas, medalla Isidro Parga Pondal da sección de Ciencias Técnicas; Manuel Eulogio Ladra González, medalla Enrique Vidal Abascal da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación; e María Antonia Señarís Rodríguez, medalla Antonio Casares Rodríguez da sección de Química e Xeoloxía.