A Deputación da Coruña resolveu as convocatorias de axudas e apoio ás actividades de cultura tradicional. Son corais polifónicas, bandas, entidades de música e baile tradicional en dúas categorÃas: actividades e investimentos. En actividades, as contÃas máis elevadas de subvención están nos 17.500 euros que reciben entidades como Cantigas e Agarimos, Donaire ou a banda municipal das Pontes. No caso dos investimentos, as máximas cantidades, de 7.500 euros, foron tamén para Cantigas e Agarimos, vinculados á celebración do centenario da histórica entidade, ou para a asociación folclórica Colexiata do Sar. En total, foron subvencionadas máis de 150 entidades de cultura tradicional da provincia.