O Festival Plataforma premia a traxectoria de La Ribot

O evento de artes performativas comeza mañá a súa segunda edición

La Ribot                     Foto: Plataforma
La Ribot Foto: Plataforma
A performance experimental colaborativa "Desfile entre tiempos", entre a artista Amaya González Reyes e a Banda Municipal de Santiago abrirá oficialmente mañá na Praza do Obradoiro a segunda edición do festival Plataforma, unha aposta híbrida de artes performativas. Entre este mércores 26 e o vindeiro sábado 5 de xuño Terán lugar en espazos públicos abertos e pechados (CGAC, Teatro Principal, Igrexa da Universidade) intervencións artísticas e conferencias. Segundo anunciou hoxe en rolda de prensa Mónica Maneiro, co-directora do festival, nesta nova edición o evento tamén inaugura a entrega dun premio honorífico por traxectoria, que comeza entregándose a La Ribot (1962, Madrid), coreógrafa, bailarina e artista visual de fama internacional que xa participou o pasado ano en Plataforma e repite neste 2021. la Ribot actuará o 1 de xuño e tamén dará unha conferencia ese mesmo día. Os convites gratuítos xa están disponibles e, no caso de non estar as prazas cubertas 10 minutos antes do comezo de cada función reasignaranse na propia entrada ao actos.

Festival Primavera TRC Danza
Case en coincidencia. no Teatro Rosalía de Castro da Coruña co mes de xuño actívase o Festival Primavera do seu proxecto de aproximación ás artes do movemento TRC Danza. Entre o 3 e o 13 de xuño o recinto programa sete funcións. Comezará coa proposta "Antes todo esto era campo", que o Colectivo Nerval ven de facer dentro do programa de Residencias Paraíso. Polo Festival Primaver tamén pasarán o Colectivo Vacaburra con "O raro é bailar"; Marta Alonso, con "Bailar agora" e pechará este festival a montaxe "El Alemán", de Diego Anido.