O Concello de Santiago convoca unha nova liña de axudas a actividades culturais do sector profesional de apoio nas circunstancias das dificultades do sector por mor das restricións derivadas da pandemia. A Xunta de Goberno Local, aprobou as bases desta convocatoria que teñen como obxectivo o fomento das actividades organizadas polas persoas e entidades adicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artÃsticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano 2021. O orzamento destinado a esta liña de subvencións é de 554.992,90 euros, sendo a contÃa máxima por solicitude de 35.000 euros, son cantidades moito maiores das contempladas no primeiro plan de "rescate" dirixido ao sector que dispoñÃas dun orzamento de 300.000 euros cun máximo de 3.000 euros por solicitante. O procedemento de concesión das subvencións tramÃtase en réxime de concorrencia competitiva mediante a comparación das solicitudes presentadas establecendo unha prelación entre elas en base a uns criterios de puntuación establecidos na convocatoria.