Manuel Bragado reúne nunha 'chiografía' as súas publicacións sobre Xela Arias

O documento repasa a vida e obra de Xela Arias e está orientado aos mestres

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Manuel Bragado reúne nunha 'chiografía' as súas publicacións sobre Xela Arias

O mestre e anterior editor de Xerais Manuel Bragado reuniu nunha 'chiografía' todos os chíos que foi publicando desde primeiros de ano sobre a vida e obra da poeta Xela Arias, "lembrando a aquela serie tan xeitosa de Fotobiografías que publicamos en Xerais dende 1989 para retratar visualmente á figura homenaxeada o Día das Letras Galegas". O documento, accesible de balde desde o propio blog de Bragado, reúne esta colección de chíos en 225 páxinas, organizados cronoloxicamente como o propio Twitter, que se irá actualizando conforme avance o ano.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Manuel Bragado, Día das Letras Galegas, Twitter