
Ademais, recóllense as a alocucións pronunciadas por Margarita Ledo Andión, Ramón Villares Paz e Francisco Fernández Rei no pleno da RAG polo DÃa das Letras, un estudo de Xosé Manuel Vélez Latorre sobre a tradición bÃblica na poesÃa do homenaxeado ou unha análise de Eduardo Maragoto sobre a evolución do reintegracionismo desde o ideario de Carballo Calero ao movemento no século XXI.
O volume recolle ademais un artigo e o texto completo da Proposta de reforma das Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Real Academia Galega (1970-1971), presentada por Ricardo Carballo Calero en 1979 da man de Henrique Monteagudo. Este texto inédito amosa a perspectiva na altura tiña o homenaxeado sobre a escrita da nosa lingua.